Ao Contraataque
Míchel Alonso: "Non recibín ningunha chamada do Dépor. Sería un posto moi apetecible"
O adestrador ferrolán Míchel Alonso xogou 'Ao contraataque' a pasada noite para analizar o final dunha temporada en que logrou situar o Coruxo na 2ª RFEF con vistas á próxima campaña.
Míchel, que anunciou nas últimas horas o seu adeus ao Coruxo despois de 2 temporadas, recoñeceu que foi un ano de moita tensión e moi exixente mentalmente.
Cuestionado sobre o seu futuro e as informacións que o sitúan como posible candidato á dirección deportiva do R. C. Deportivo, o técnico afirmou que desexa seguir vinculado ao mundo do fútbol e que non mantivo contacto algún co conxunto herculino.