Ao Contraataque
Tito Díaz: "Estamos amolados por non xogar a fase de ascenso"
Non haberá play-off de ascenso á Liga ACB.
Basket Coruña e Breogán seguirán unha temporada máis na LEB Ouro, tras a decisión de onte do Federación Española de Baloncesto.
A medida tamén afecta ao Universitario de Ferrol, que tiña praza para xogar a fase de ascenso á Liga Feminina 1.
En Ao contraataque, o director xeral do Breogán laiouse da decisión da comisión delegada. Tito Díaz dixo que o equipo lugués foi o primeiro en pedir o final express do campionato e recoñeceu a súa decepción por ter que rematar a temporada sen poder disputar os dez partidos pendentes da competición regular, así como as eliminatorias de ascenso. Prometeu que cos 4.000 abonados que apoian o proxecto farán un equipo competitivo cara á próxima temporada.