Ao Contraataque
Fran Beltrán: "Suplir a Renato Tapia é complicado"
O centrocampista do R. C. Celta, Fran Beltrán, xogou 'Ao contraataque' dende a concentración da selección española sub21 en Eslovenia.
Beltrán amosouse convencido de que España pode facer un gran papel na fase final do campionato de Europa e analizou o que está sendo a súa temporada coa camiseta do R. C. Celta.
O centrocampista recoñeceu que non é un ano doado para el e apostou por seguir traballando duramente no día a día para poder contar coa confianza de Eduardo Coudet.