CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Pepe Pozas, capitán do Obradoiro: "O liderado é anecdótico"

24/09/2020 - 23:03 h

O capitán do Obradoiro, Pepe Pozas, xogou onte Ao contraataque tras a vitoria dos composteláns en Manresa, sumando dous triunfos neste inicio ligueiro:

"Un partido diferente o do outro día, moi pelexado, un pouco feo. Con moitas perdas, marcaron moitas canastras en transicións. Nós temos moitos puntos nas mans e xogamos máis rápido. Cando temos estes xogadores como Roberton, Baliauskas , Birutis... temos que aproveitalo. Pero aínda están aprendendo como xogamos. O ano pasado ninguén daba un duro por Beliauskas e mira como está xogando. Sóe hai que darlle confianza".

"O liderado é anecdótico, non levamos nin unha semana de competición. Agora a intentar competir ante o Betis, que vai ser difícil. Xogar sen público é moi raro, ata no día a día. En casa foi prexudicial, pero chegar a Manresa e non escoitar á súa afección, que é moi quente, tamén se agradece".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.