Ao Contraataque
Rubén Albés: "Se hai unha palabra que define o que se está vendo no campo, é equipo"
O adestrador do C. D. Lugo, Rubén Albés, compareceu en sala de prensa despois da vitoria do seu equipo por 2-1 ante o Cartaxena na penúltima xornada de liga na Segunda División.
O técnico vigués gabou o traballo dos seus xogadores nun triunfo que lle permite ao conxunto lucense afrontar a derradeira xornada do campionato dependendo de si mesmo para eludir o descenso de categoría.