Ao Contraataque
Fran González: "Pase o que pase co primeiro equipo, a aposta do club é a de reforzar a canteira"
O exfutbolista e actual director da canteira do R. C. Deportivo, Fran González, xogou onte 'Ao contraataque' para analizar os seus primeiros meses á fronte das categorías inferiores do conxunto herculino.
Fran amosouse satisfeito polo traballo realizado durante as últimas semanas e apostou claramente por potenciar a transformación organizativa da canteira.
Puxo tamén o obxectivo a medio prazo en incrementar o número de canteiráns presentes no cadro de xogadores do primeiro equipo.