CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jorge Fernández: "Oxalá manteñamos o liderado no tempo"

23/11/2020 - 23:27 h

O xogador do Pontevedra, Jorge Fernández, xogou onte Ao contraataque e valorou o liderado do seu equipo no grupo dos representantes galegos da Segunda División B:

Falou do equipo que conformaron os granates este ano: "Creo que a calidade do equipo do Pontevedra está fóra de toda dúbida. Temos moi bo equipo, con profundidade de equipo".

E que hai que gozar do momento: "Estamos nunha semana moi boa, hai que gozala. Oxalá que se manteña moito no tempo".

Definiuse tamén como futbolista: "Son un xogador moi polivalente. Podo xogar en moitas posicións. Podo adaptarme. Creo que iso é bo para o equipo".

E rematou falando do gran rival do grupo: "O Deportivo ten un súper equipo, pero se non xogan ao cento por cento van sufrir coma todos".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.