Ao Contraataque
José Carlos: "Dende o Lugo non houbo ningún achegamento para que continuase"
O ex-futbolista do C. D. Lugo xogou este xoves Ao contraataque para valorar as máis de dúas temporadas que xogou no equipo galego. O defensa amosou a súa ledicia pola salvación do equipo na derradeira xornada de liga e valorou moi positivamente o seu paso polo conxunto lucense.
José Carlos rematou co final da temporada o seu contrato co club galego e recoñeceu que non houbo ningunha proposta de renovación por parte da entidade.