CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Bergantiños: "O partido ante o Mallorca é a única bala que nos queda"

23/05/2019 - 23:01 h

Semana difícil a que viviu o Deportivo da Coruña tras perder o derbi pasado domingo ante o Club Deportivo Lugo.

O capitán deportivista Álex Bergantiños xogou onte Ao contraataque e referiuse ás opcións de ascenso do seu equipo: "Perder o derbi fixo dano. Ver que non estamos en play off e non depender de nós é difícil de asumir. Sabemos que o partido ante o Mallorca é unha final, a última bala que nos queda".

As contas son claras para o medio centro herculino: "Temos que gañar os tres partidos. Sobre todo gañar o luns e ver despois se os resultados favorecen. Pero temos que centrarnos en gañar nós. Se non gañamos será moi difícil xogar o play off".

Ademais, Bergantiños loou o canteirán do Dépor, agora no Mallorca, Dani Rodríguez e dixo que o equipo está illado da carreira presidencial que está vivindo o club, polo que non considera que sexa unha escusa para non estar centrados na tarefa principal do equipo, retornar á primeira división.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí