Ao Contraataque
Doutor Cota: "Aos xogadores do Celta non lles parece ben ter tests e a xente que traballa nos hospitais, non"
O médico do Real Club Celta e da Selección Española, Juan José García Cota, xogou onte Ao contraataque e expresou a súa preocupación ante o retorno do fútbol:
Comezar o 4 de maio non me parece real. O protocolo ten lagoas. Non se sabe que pasará cando haxa un positivo. Entendería que algún xogador se negase a xogar. Teño claro que o persoal de risco ou pacientes con sintomatoloxía deben ter preferencia para os tests antes que un xogador. Aos xogadores do Celta non lles parece ben que eles teñan tests e a xente que traballa no hospitais non os teña