Ao Contraataque
Álvaro Muñoz: "Competimos ben fronte a un superequipo. Seguiremos traballando e crendo nas nosas posibilidades"
O xogador do Obradoiro CAB, Álvaro Múñoz, xogou 'Ao contraataque' na Radio galega para analizar a derrota do equipo santiagués fronte ao Real Madrid no Fontes do Sar por 71 a 87.
Muñoz recoñeceu que o equipo competiu ben durante case todo o partido, pero algúns fallos puntuais impedíronlle loitar pola vitoria.
Malia o complicado momento polo que pasa o conxunto santiagués, o xogador avulense amosou a súa plena confianza en acadar, a base de traballo, o obxectivo de manter a categoría a final de temporada.