CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jose Fontán, debutante celeste contra o Mirandés: "A derrota fai que marche triste"

23/01/2020 - 23:03 h

Unha das poucas cousas positivas que deixou a eliminación do Celta na Copa do Rei a mans do Mirandés foi a estrea do canteirán Jose Fontán, que saíu de Anduva cun sentimento agridoce: "Para min é un soño debutar, levo no club dende alevín, xogar cos que son os meus referentes".

"Obviamente, a derrota fai que marche triste. Pero o fútbol é así. Penso que dominamos claramente, tivemos máis ocasións. Pero se non finalizas, pasa isto".

Sobre o seu papel no primeiro equipo o Vilgarcián é consciente que é o seu lugar de momento está no equipo filial: "Teño a cabeza no filial, pero se me requiren darei o máximo, como sempre fago. Notei diferenzas no fútbol profesional, o ritmo é outro".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.