CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Santi Picallo: "Tal e como está agora a situación no balonmán, a liga de 34 partidos semella inviable"

22/10/2020 - 23:43 h

O presidente do Club Cisne Balonmán, Santi Picallo, xogou Ao contraataque para analizar a situación do seu equipo despois de que se detectasen 6 casos positivos por coronavirus. Tívose que suspender ademais o partido da fin de semana fronte ao Guadalaxara.

O presidente do equipo pontevedrés afirmou ver moi difícil que se poida rematar a competición na Liga Asobal baixo o formato programado, e aposta por buscar unha modificación do mesmo para poder concluir a temporada.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.