CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Onésimo: "Son pucelano de corazón, pero que gañe o Celta"

22/09/2020 - 23:03 h

O adestrador do filial do Celta, Onésimo nchez, xogou onte Ao Contraataque. O técnico valorou o Valladolid-Celta deste próximo domingo e a temporada que vivirá á fronte do segundo equipo celeste:

"Todos os equipos en que estiven son especiais, pero eu son pucelano de sempre, sempre levarei esas cores no corazón, pero son profesional e débome ao Celta. Non era goleador e en Valladolid sempre marcaba. Unha cousa é o sentimento e outra a profesión, e a miña profesión é celeste. Que gañe o Celta".

"O Valladolid é un equipo moi fiable, cun estilo de xogo moi determinado. Xoga ao que quere Sergio. Ficharon ben: o punta Weissmann ten boa pinta, reforzaron as posicións básicas. O celta comezou moi ben, mereceu gañar os dous partidos e o inicio é moi prometedor. Valladolid será difícil".

"Gabri Veiga é un xogador que ten opcións en varias posicións. Ten un físico e unhas condicións espectaculares, que abarca moito campo e con chegada. É un centrocampista que hai que facelo especialista nunha posición por diante da defensa, ou acompañando a outro medio".

"Supoñemos que o Dépor será o rival que estará máis arriba, pero é un grupo moi competitivo, con equipos investindo moito. O que non vexo é a ningún equipo que vaia ir cara abaixo. O grupo é moi igualado".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.