CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gonzalo Fernández, alpinista galego: "Despois de coroar tiven un baixón e foi máis difícil baixar que subir"

27/07/2021 - 23:25 h

Gonzalo Fernández é un montañeiro nado en Monterrei, asentado en Andorra e que acaba de coroar o Gasherbrum II de 8035 metros en  Karakorum (Pakistán). Onte xogou Ao contraataque:

"Para un alpinista vir aquí e ver estas grandes montañas é un soño. Son as montañas máis altas do planeta. É moi difícil facer cima, pero puidémolo conseguir. Tardamos máis ou menos 40 días. Por sorte atopamos bo tempo, aínda que tamén houbo neve. Despois de coroar tiven un baixón e foi máis difícil baixar que subir".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.