CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Fran Escribá seguirá á fronte do Real Club Celta

22/05/2019 - 23:02 h

Era un segredo a voces. Fran Escribá e o Real Club Celta estaban chamados a entenderse e onte o conxunto vigués confirmou o técnico valenciano coma o adestrador para as dúas próximas temporadas.

"Estou moi contento, estiven moi a gusto e é moi fácil continuar aquí. Foi sinxelo, as dúas partes querían. Xa tivemos reunións para mellorar o equipo, ter unha temporada mellor e ser ambiciosos".

Ao corpo técnico desta temporada o club céltico sumaralle o ata momento director da canteira Carlos Hugo García Bayón, que será asistente de campo 
do propio Escribá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí