Ao Contraataque
Carlos Cantero: "Pouco a pouco os colexiados encargáronse de decantar o partido cara ao Valencia"
O adestrador do CB Ensino, Carlos cantero, analizou para 'Ao contraataque' a derrota do seu equipo, 52 a 77, fronte a Valencia Básket no penúltimo partido da liga regular da máxima categoría nacional do baloncesto feminino.
Cantero gabou o traballo realizado polas súas xogadoras e amosouse moi crítico coa actuación arbitral durante os 40 minutos de partido.