CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Belén Toimil: "Non me quero ilusionar demasiado co campionato de Europa"

22/02/2021 - 23:48 h

A atleta mugardesa Belén Toimil xogou onte 'Ao contraataque' despois de alcanzar o seu primeiro título absoluto de campioa de España de lanzamento de peso en pista cuberta.

Toimil, que se impuxo no concurso cun mellor lanzamento de 17,81 metros, amosou a súa ledicia polo título nacional malia non poder superar o récord de España nin acadar a mínima para o campionato de Europa de Polonia.

A atleta galega, coa 11ª mellor marca europea da temporada, está pendente da decisión final da federación europea sobre o número de atletas participantes en cada proba para saber se poderá estar a comezos de marzo no seu primeiro campionato continental absoluto.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.