CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Quen é Filip Bradaric? Coñecémolo máis a fondo da man de Dani Iglesias

22/01/2020 - 23:05 h

O Celta anunciará nas próximas horas a súa segunda fichaxe invernal. Trátase do internacional croata Filip Bradaric, que chega cedido polo Cagliari, propietario dos seus dereitos, pero que estaba xogando no Hajduk Split na liga croata.

Alí en Croacia está xogando o santiagués Dani Iglesias, no Rijeka, e enfrontouse en varias ocasións ao que vai ser novo xogador celeste: "Bradaric é un dos mellores xogadores da Liga. É un mediocentro defensivo, que está sempre moi pendente de ordenar ó equipo, técnicamente bo e que domina o control e o pase".

Un Dani Iglesias que avalou a chegada do internacional croata: "En Croacia ten un status moi alto. Fixo moi boas temporadas aquí, ten moi boas condicións. Creo que é un bo reforzo para o Celta. A min é un xogador que me gusta moito".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.