CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Nacho Llovet: "Boto de menos ao Obradoiro por todo o que me deu no extradeportivo"

21/11/2019 - 23:44 h

O ex xogador do Obradoiro Nacho Llovet xogou onte “Ao Contraataque”.

O pivot retorna este sábado a Sar defendendo a camiseta de Andorra nun partido que será moi especial para o xogador catalán: “ xa vivín situacións semellantes. Moi especiais. Neste caso, o club que me deu a oportunidade de saír da casa e o moito que me aportaron na parte extradeportiva, que é polo que realmente boto en falta este equipo”.

Un Llovet que louvou ao equipo que adestra Moncho Fernández: “o outro día fixeron un partidazo en Manresa. Están competindo ben e se lle queres gañar, tes que facer un partido moi serio".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.