CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Hugo Rama, do C. D. Lugo: "Estou moi contento polo gol, pero sobre todo pola vitoria"

21/10/2020 - 23:09 h

O xogador galego do Club Deportivo Lugo, Hugo Rama, pasou por Ao Contraataque para analizar a vitoria do conxunto lucense por 3 goles a 0 fronte ao Girona.


O xogador amosouse satisfeito por lograr o seu primeiro gol no fútbol profesional e por sumar tres puntos ante un dos equipos máis potentes da categoría. Así mesmo, Rama sinalou que estas dúas vitorias consecutivas reforzan moito a moral do equipo despois da chegada de Mehdi Nafti ao banco.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.