CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Pablo Rodríguez, ciclista de Mountain Bike: "Estou contento polo bronce, pero puido ser mellor"

21/09/2020 - 23:47 h

O ciclista de Mountain Bike Pablo Rodríguez Guede acadou a medalla de bronce o pasado domingo nos campionatos nacionais disputados en Valladolid. Onte xogou Ao contraataque:

"2018 non foi un bo ano, 2019 foi de transición. Volver a pisar o podio é moi importante para min. As sensacións están acompañando. Veume moi ben poder adestrarme dende marzo sen competicións. Estou moi motivado".

"Foi un bronce, pero foi a primeira vez que puiden disputar realmente a medalla de ouro nun nacional. O circuíto era moi bo para Valero. Seguimos loitando e volvo estar ao nivel de prazas olímpicas como xa estivera no 2016. Estamos tres ou catro ciclistas moi igualados. As prazas xogaranse entre os meses de marzo, abril e maio de 2021".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.