CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

López Cascallar: "O único candidato diferente a Tino Fernández chámase Manuel López Cascallar"

21/05/2019 - 23:20 h

O candidato á presidencia do Deportivo da Coruña Manuel López Cascallar xogou onte Ao contraataque e explicou as liñas mestras do seu proxecto: "Cremos que podemos facer as cousas de forma diferente. Vemos continuismo nas outras candidaturas. Nós facemos unha aposta de verdade pola canteira. O único candidato diferente a Tino Fernández chámase Manuel López Cascallar. Nós non nos debemos a ninguén".

Entre as medidas a tomar se chega á presidencia, López Cascallar falou da redución de tarifas para os abonados: "Falamos de reducir o precio
 do carné de socio á metade. Queremos un Riazor cheo. E pensamos a longo prazo coa creación do carné familiar".

O novo presidente
 do Deportivo da Coruña coñecerase o próximo martes 28 de maio tras a xunta xeral de accionistas do club herculino.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí