CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Borja Iglesias: "O Trofeo Zarra gañouno o mellor, que é Iago Aspas"

20/05/2019 - 23:14 h

O dianteiro santiagués do Español Borja Iglesias xogou onte Ao contraataque aínda celebrando a clasificación do Español para a competición europea.

"Eu era feliz por non descender a terceira e tamén o son celebrando unha clasificación europea. Sabiamos que a xente tiña moitas ganas de celebrar, pero cando vimos tanta xente no campo foi unha pasada".

Un Borja Iglesias que é obxecto de desexo de moitos equipos neste mercado pero recoñeceu que a día de hoxe a súa intención é seguir en Barcelona.

"Son moi feliz en Barcelona. E despois do vivido é un motivo máis para seguir confiando neste club e gustaríame xogar a Europa League".

Iglesias rematou na segunda posición
 do Trofeo Zarra ao máximo goleador nacional, con 17 dianas, tres menos co gañador, o seu ex-compañeiro no Celta Iago Aspas.

"O Zarra gañouno o mellor. Xa felicitei a Iago. Meréceo porque é boísimo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí