Ao Contraataque
Erik Quintela: "O obxectivo do equipo é o ascenso, pero poder gañar un título ilusiona"
O xogador galego do C. B. Breogán xogou Ao contraataque na previa da final da Copa Princesa que enfronta as 19:30 da tarde no Pazo Universitario ao Breogán con Alacante.
Quintela recoñece que o principal obxectivo do club nesta temporada é acadar o ascenso A Liga ACB, mais, amosouse ilusionado coa posibilidade de conquistar un título.
O xogador galego ten confianza en se impoñer a Alacante na gran final se o equipo lucense amosa na cancha o seu potencial técnico e físico.