Ao Contraataque
Brais Méndez: "Creo que a afección non foi xusta comigo"
O xogador galego do R. C. Celta, Brais Méndez, xogou onte Ao contraataque na Radio Galega na previa do partido desta tarde que enfrontará o equipo vigués co Xetafe na 15ª xornada de liga na Primeira División.
Brais, que anotou dous tantos na vitoria fronte ao Alavés a pasada fin de semana, recoñeceu que sufrIu moito dentro e fóra do terreo de xogo cando non lle saían as cousas.
Afirmou que o segredo da melloría con Coudet radica no traballo, a confianza e a intensidade e que, malia as catro vitorias consecutivas, o equipo non se pode fixar obxectivos a longo prazo, só semana a semana.