CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Kevin: "Claro que interesa a Copa do Rei"

21/01/2020 - 23:03 h

O céltico Kevin Vázquez xogou onte 'Ao contraataque'.

O lateral referiuse á eliminatoria de Copa do Rei que disputarán mañá os célticos en Miranda de Ebro: "Claro que interesa a Copa, é unha boa forma de seguir competindo e seguir nunha dinámica positiva. Serve tamén para manter o ritmo competitivo. As cousas poden saír ben na Copa e quen sabe, ao mellor conseguimos algo bonito".

O mercado de fichaxes está en plena ebullición e o xogador de Nigrán recoñeceu como viven esta situación no vestiario: "É difícil, dende dentro non podemos facer nada. Si que chegan rumores, pero creo que vós estades máis preto deles ca nós. Creo que cos que estamos podemos acadar o obxectivo. Se chega alguén máis para sumar, encantados. Murillo é un grandísimo xogador".

 

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.