CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Xosé Ramón, ex-xogador do Dépor nos 80 e 90: "Temos que axudar o equipo"

20/11/2019 - 23:20 h

O ex-xogador do Deportivo Xosé Ramón xogou onte Ao contraataque.

E o de Ribeira foi claro e conciso coa situación do club: "Si, a verdade é que persoalmente entendo que haxa que ser críticos coa xestión, co xogo do equipo, cos xogadores..., pero creo que agora todos temos que ter a responsabilidade de axudar o equipo".

Ademais, o irmán de Fran tamén se referiu aos problemas futbolísticos do equipo: "Todos temos algunha solución. Para min, agora mesmo, o que primeiro que temos que facer é analizar o problema. Creo que o tema é técnico e táctico, para darlle vantaxe sempre ao equipo. Con isto evitas que o equipo teña erros. Hai que empezar dende abaixo".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí