Ao Contraataque
Pepe Pozas: "A expulsión de Moncho prexudicounos, aínda que continuamos facendo un gran partido"
O capitán do Obradoiro xogou onte Ao contraataque para analizar a derrota do seu equipo ante o Real Madrid por 84 a 77.
O xogador sinalou que o equipo fixo un gran partido nunha pista en que é moi difícil poder gañar e recoñeceu que a polémica expulsión do adestrador, Moncho Fernández, no terceiro cuarto prexudicou o equipo, aínda que seguiron facendo un gran partido.
Así mesmo, Pozas amosouse satisfeito polo bo inicio de temporada do equipo santiagués, pero é consciente de que non se poden relaxar.