CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Fernando Vázquez: "Hai que soñar en grande"

20/02/2020 - 23:02 h

O adestrador do Deportivo da Coruña xogou onte Ao contraataque.

O técnico de Castrofeito valorou o momento que está vivindo con conxunto herculino: "Só miro para os 51 puntos, un partido, unha final. Agora temos que gañar 6. Para conseguir obxectivos grandes hai que soñar en grande, pero iso significa manter os pés no chan e traballar e comprometerte co esforzo".

Un Vázquez que tamén repasou a época pasada vivida no Real Club Celta: "A miña saída do Celta e do Dépor foi en contextos moi diferentes. Mouriño cesoume e eu creo que estiven ben cesado. Eu estaba nunca situación mental complicada, era moi difícil dirixir o equipo cando me asubiaba unha boa parte de Balaídos".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.