CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Carlos Pouso: "Anduva é moito Anduva"

20/01/2020 - 23:29 h

O actual adestrador do Pontevedra , Carlos Pouso, xogou onte 'Ao contraataque'.

O técnico vasco, de pais galegos, analizou a situación do conxunto granate e valorou a eliminatoria de Copa do Rei que enfrontará o Celta ante o seu ex-equipo, o Mirandés: "O Celta teño clarísimo que non vai apostar pola Copa. Este non será un partido tan importante en Vigo como en Miranda. Anduva é moito Anduva. O Mirandés leva moitos anos xogando ben. Na nosa época asombrábamos toda España, estando na 2ª B. Ten rapaces con fame, con ambición".

Ademais, tamén quixo mandar unha mensaxe de optimismo á afección granate: "En Pontevedra estou moi contento, o día que gañemos... isto é moi longo. Sería raro que algún dos tres de arriba cedese, pero todo pode pasar. A cuarta posición é pola que temos que pelexar".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.