CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jorge Prado: "Rematar entre os cinco primeiros sería moi bo resultado"

19/11/2019 - 23:45 h

O bicampión do mundo de MX-2 Jorge Prado xogou onte Ao contraataque.

O lucense xa se atopa preparando a próxima temporada, en que vai afrontar o salto de categoría cara o MX-1, a raíña do motocrós.

"Ser campión do mundo é mirar moi alto, os meus obxectivos son progresar, non lesionarme e mirando resultados... quedar entre os cinco primeiros sería moi bo resultado. Vai ser unha tempada moi dura. Con sete campións do mundo na categoría. Xa imaxinas o nivel que hai. Teño confianza en poder acadar bos resultados".

A entrevista con Jorge Prado estivo enmarcada na sección do Bestiario de Martiño Suárez, en que contou os inicios de Chimo Bayo no mundo do motocrós.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.