Ao Contraataque
Oier Calvillo: "Se nos centramos no noso traballo podemos aspirar ao ascenso"
O extremo do Pontevedra, Oier Calvillo, xogou onte Ao contraataque para analizar o inicio de temporada do equipo granate na segunda división B.
O futbolista guipuscoano foi protagonista na vitoria do seu equipo fronte ao Racing de Ferrol e afirmou que se sente moi cómodo nos seus primeiros meses en Pontevedra.
Para o xogador, a Segunda División B é unha categoría que incluso, por moitos aspectos, pode quedar pequena para unha entidade deportiva como o Pontevedra.
Así mesmo, quixo ser moi cauto malia ao gran inicio de temporada, pero afirmou que se o equipo está centrado no traballo e fai as cousas ben durante todo o ano pode ser un claro candidato ao ascenso de categoría.