CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Aarón Martín: "O Mainz sabe que eu quero xogar no Celta e poñerá facilidades"

19/05/2021 - 23:06 h

O lateral esquerdo do R. C. Celta, Aarón Martín, xogou 'Ao contraataque' na Radio Galega antes do partido do próximo sábado fronte ao Real Betis, que pechará a temporada para o equipo olívico.

Aarón reiterou a súa intención de poder continuar defendendo a camiseta do Celta a próxima temporada.

O lateral dixo sentirse feliz en Vigo e moi satisfeito polo seu rendemento individual, así como polo colectivo do equipo, nestes cinco meses que leva no club.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.