CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gómez Noya: "Non se me ocorre ninguén que mereza máis levar a bandeira que Tere Portela"

19/04/2021 - 23:38 h

O pentacampión mundial de tríatlon, Javier Gómez Noya, xogou onte 'Ao contraataque' desde a súa concentración para preparar os Xogos Olímpicos de Toquio na illa mexicana de Cozumel.

Gómez Noya amosouse satisfeito polo traballo realizado nestas primeiras semanas na illa caribeña e quere ser ambicioso con vistas aos Xogos de Toquio para lograr o ouro olímpico.

Así mesmo, o ferrolán recoñece que, a teor do visto nos dous últimos anos, a do Xapón será seguramente a proba olímpica de tríatlon máis aberta da historia.

Por último, o pentacampión mundial sinalou que, na súa opinión, a traxectoria deportiva da canguesa Tere Portela aglutina méritos dabondo para que a padexeira galega sexa candidata a portar a bandeira española na cerimonia inaugural dos xogos.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.