CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Scaloni: "Encantaríame nun futuro poder achegar o meu coñecemento ao Dépor"

19/02/2020 - 23:23 h

O ex-xogador do Deportivo e actual seleccionador arxentino Leo Scaloni xogou onte Ao contraataque.

O preparador da albiceleste non agachou o seu desexo de retornar ao Depor: "A min encantaríame nun futuro poder achegar o meu coñecemento, xa  que a cidade e a xente meréceo, pero se non é así, serei sempre o primeiro afeccionado".

Un Scaloni que loou a figura do actual adestrador do Dépor, Fernando Vázquez: "Vázquez sabe que a conxunción entre a xente e o futbolista é importantísimo. El é un máis da afección cando rematan os partidos e a xente séntese moi identificada con el. Cambiou a enerxía negativa por positiva".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.