CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Luciano Calvo: "O noso escenario ideal sería xogar o 18-D ás 18:00"

18/11/2019 - 23:22 h

O presidente do Bergantiños, Luciano Calvo, xogou onte Ao contraataque.

Un día despois do sorteo da Copa do Rei que emparellou os de Carballo co Sevilla, o máximo mandatario do Bergan expresou o seu desexo de poder xogar o partido no seu campo das Eiroas engadindo unha bancada supletoria á instalación.

No tocante a data e a hora do choque, Calvo sinalou o mércores 18 de decembro ás seis da tarde como o horario ideal debido ás limitacións de calendario do Sevilla por mor dos seus compromisos ligueiros e para non coincidir na franxa do clásico Fútbol Club Barcelona-Real Madrid que se disputará ese mesmo día.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí