CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Albert Oliver: "Será un hándicap xogar sen a nosa afección"

17/09/2020 - 23:38 h

A última fichaxe do Obradoiro, Albert Oliver, xogou onte Ao Contraataque:

"A liga cada ano é máis dura. En Santiago levan tempo facendo ben as cousas. O primeiro é salvarse, continuar un ano máis e logo xa veremos. Creo que fixemos un equipo para competir moi ben. Na época de Gran Canaria, o Obra xa preguntara por min varias veces pero non se deron as circunstancias".

"É un equipo que xoga diferente. Con menos pick&roll e máis saídas para os tiradores. Con moitas normas ofensivas e defensivas"

"Fixen moita sesión de 5x0 extra para facerse cos sistemas, e falei moito con Gonzalo e Víctor. Eu preguntando, con moita información e moi contento. Pepe Pozas estame axudando moito e é un xogador moi importante por como xoga e por como axuda  fóra da pista"

"A afección é moi importante sobre todo nas pistas quentes como é a nosa. Apreta moitísimo. Para nós é un hándicap importante pero tamén será para o resto dos equipos"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.