Ao Contraataque
Adrián Ben: "Alejandro Gómez é un referente para todos nós. Estou en shock"
O atleta viveirense Adrián Ben xogou onte Ao contraataque tras ver cortada a súa preparación por unha inoportuna lesión. O mariñao tivo palabras agarimosas para Alejandro Gómez, o atleta de Zamáns ao que lle diagnosticaron un tumor cerebral irreversible nos últimos días:
"Alejandro é un referente para todos nós. Estou en shock. Deixoume sen alento. Alejandro é un referente enorme, o mellor atleta galega de tódolos tempos. Desde aquí, darlle todos os ánimos posibles. Todo o que fixo quedará para sempre. Un completo referente".
A nivel persoal, falou da súa lesión: "Eu Levaba con molestias uns días, fixen probas e teño un edema polo que debo parar. O meu obxectivo nestes momentos son os Xogos Olímpicos de Toquio en 2021. Dentro de catro ou cinco semanas espero volver aos adestramentos e preparar primeiro ben a temporada de pista cuberta".