CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Josete Malagón: "O Lugo puxo o xogo e o Zaragoza a pegada, quedamos con cara de parvos"

16/06/2020 - 23:04 h

O xogador de Club Deportivo Lugo, Josete Malagón, xogou onte Ao contraataque tras a derrota do conxunto albivermello ante o Zaragoza:

O primeiro gol marca o partido. Os compañeiros din que non debeu subir ao marcador porque Eguarás tocou a pelota coa man. O Lugo puxo o xogo e o Zaragoza a pegada. Fomos superiores en xogo , quitámoslle o balón a un equipo que é o novo líder. Quedamos con cara de parvos. O sábado teremos outra reválida, outra batalla ante As Palmas. Hai que crecer a partir de deixar a portería a cero. Non tiña moito que celebrar tras marcar , vas perdendo 0-3 e queres sacar rápido de centro.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.