CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Alicia Fernández: "Non hai que menosprezar ningún rival. Témonos que clasificar na pista"

17/03/2021 - 23:48 h

A xogadora galega da selección española de balonmán, Alicia Fernández, xogou 'Ao contraataque' na previa do comezo do torneo preolímpico. Nel, as “guerreiras” buscarán ante Suecia e Arxentina unha das dúas prazas en xogo para Toquio 2021.

A xogadora de Valdoviño amosou a súa ilusión por poder participar nuns Xogos Olímpicos, mais quixo ser cauta e non dar nada por feito. Apelou ao respecto ás rivais, ao traballo e ao esforzo como claves para poder alcanzar o obxectivo.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.