Ao Contraataque
Támara Echegoyen: "Ser de novo campioa do mundo é unha alegría inmensa"
A regatista Támara Echegoyen proclamouse de novo campioa do mundo tras impoñerse xunto a Paula Barceló na categoría de 49er nos mundiais disputados en Australia e onte xogou Ao contraataque:
"É unha alegría inmensa a que teño no corpo. Non só polo resultado, senón porque viñamos dunha tempada con moitas dificultades".
Este mundial supón a clasificación virtual para os Xogos Olímpicos de Tóquio próximo reto da deportista ourensana:
"Sempre que haxa un reto que conseguir, para min é unha felicidade poder facelo. Paula é unha extraordinaria regatista, por iso nos permite poder estar loitando coas nosas adversarias e amigas. Loitamos na auga, pero na terra somos todas amigas".