CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

David Vidal: "Non me importa demasiado que non me chamen dende Galicia"

16/11/2020 - 23:19 h

O adestrador galego residente en Andalucia, David Vidal, pasou por 'Ao contraataque' para analizar o enfrontamento da primeira eliminatoria da Copa do Rei entre Ribadumia e Cádiz.  

O técnico considera o Cádiz un equipo moi práctico e eficaz, un conxunto que fai un fútbol "un tanto desanxelado pero moi efectivo".

Vidal falou tamén sobre o seu futuro como adestrador, e afirmou non pensar aínda na retirada, xa que ten un proxecto para comezar a traballar a comezos do próximo ano na rexión de Murcia.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.