CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Alberto Abalde : "Tiña moi claro que quería xogar no Real Madrid. Non teño en mente a NBA, gozo do momento"

16/09/2020 - 23:37 h

O baloncestista vigués Alberto Abalde xogou onte “Ao Contraataque”. O xogador do Real Madrid valorou as súas sensacións tras chegar ao club branco o pasado mes de xullo:

"Tiña moi claro que quería xogar no Real Madrid. É o mellor club do mundo. Un soño para min, coa máxima esixencia. Comezar cun título é fantástico. Estou moi contento da confianza que ten en min Pablo e todo o equipo. Acolléronme de forma fantástica e o motivo de estar xa integrado é grazas a eles. Gañar á Euroliga é o meu gran soño."

"Non teño en mente xogar na NBA, non o penso. Céntrome no presente e en gozar o momento, que o que estou vivindo é moi bonito."

"Cando xogue o Celta no Bernabeu irei co Celta sen dúbida. É o meu equipo de corazón dende que son cativo".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.