CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Álex Marque: "Gustavo César Veloso xa é unha lenda do ciclismo galego"

16/08/2021 - 23:28 h

O estradense Alex Marque xogou onte "Ao Contraataque" tras rematar na terceira posición a Volta Ciclista a Portugal: "Sentín moitísimo apoio. Foi unha Volta difícil pero bonita e loitada. Grazas ó equipo remato no podium. No ciclismo o azar pode xogar unha mala pasada. O día de Torre foi inesquecible, gañar alí e como o fixemos. Poñíansenos as cousas moi de cara. E na neutralizada do día seguinte caeu Gustavo César Veloso e complicóusenos todo. No día de Señora de Graça non tiña pernas nos dous últimos kilómetros. Aceleraron moitísimo pero cando un o da todo non podo pedir máis."

"Gustavo é unha lenda do ciclismo. Transforma ó equipo, ímolo botar moitísimo de menos. Non hai forma de convencelo para que continue. Sería un grandísimo director deportivo. Ten unha visión de carreira impresionante.Tiña dúbidas sobre se sería o meu último ano pero vinme ben e disfrutei moito nesta Volta. Quedoume bo sabor de boca. Vou seguir un aniño máis".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.