CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Salva Ruiz, xogador do Deportivo: "O protocolo de volta ao traballo pode ser un problema"

16/04/2020 - 21:17 h

O deportivista Salva Ruiz xogou onte Ao contraataque.

O lateral recoñeceu que o protocolo de volta ao traballo que prepara a liga non convence os futbolistas:

Pensamos que volveremos adestrarnos, pero non sei se chegaremos a xogar partidos se hai algún contaxio nun equipo. O primeiro é a saúde. O protocolo pode ser un problema. Ten puntos de difícil cumprimento.

O xogador herculino tamén recoñeceu que os xogadores xa chegaron a un acordo co club para baixar o seu salario.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.