CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Míchel Salgado: "Estou totalmente convencido da salvación do Celta"

16/04/2019 - 23:25 h

O ex-futbolista do Celta, que traballa estes días na Madroa facendo as prácticas do curso de adestradores, analizou a actualidade do equipo olívico. En canto á situación do seu ex-equipo, Salgado afirmou estar totalmente convencido da súa salvación.

Para o das Neves: “hai un mes a situación, sobre todo polo ambiente que se vía dende fóra, non permitía ver con optimismo o futuro. Coa chegada de Escribá o equipo trocou profundamente e agora vexo moitas cousas positivas. Eu creo que o partido contra o Villarreal, unido ao regreso de Aspas supuxo un punto de inflexión de cara á permanencia".

No aspecto persoal Salgado afirmou que: “Estou moi ilusionado coa Copa de África” —na que participará como membro do corpo técnico da selección de Exipto— e despois chegará o momento de empezar a decidir se vou ser primeiro adestrador ou vou seguir con eles de cara á clasificación para o mundial”.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí