CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Marian Mouriño: "Meu pai non cambiaría a estabilidade e a continuidade na Primeira División por gañar un título"

16/03/2021 - 23:11 h

A filla do presidente do R. C. Celta, Marian Mouriño, xogou 'Ao contraataque' para analizar a actualidade do conxunto vigués.

Mouriño reiterou a aposta do seu pai por un proxecto de estabilidade do club máis aló do éxito puntual.

Así mesmo, manifestou o convencemento do presidente celeste na aposta pola canteira e por un proxecto sólido para dotar a entidade dun equipo feminino que transforme a realidade deste deporte en Vigo e en Galicia.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.