CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Moncho Fernández: "Dos 300 partidos quedo co que gañamos en Gran Canaria con 7 xogadores"

16/01/2020 - 23:42 h

O adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, xogou onte 'Ao contraataque' tras cumprir a cifra de 300 partidos coma técnico na liga ACB: "A verdade é que si que pasou o tempo. Sei que as cifras se van achegando... quedaría con estes partidos: cando lle gañamos a Valencia no primeiro ano e nos mantivemos e cando gañamos en Gran Canaria con 7 xogadores".

E pese a ser o técnico mais lonxevo nun mesmo banco na categoría non ve o final a relación co club: "Algún día seguramente pasará, en que Moncho non sexa o adestrador do Obradoiro. Penso que a forma de chegar á onde estamos é aproveitando o momento, gozando o que che toca. Cada mañá intento lembrarme de onde veño. O día que pase, falaremos”.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.