Ao Contraataque
Alberto Varo: "Estamos contentos pola clasificación. Xogamos con humildade e soubemos sufrir"
O porteiro do Club Deportivo Lugo, Alberto Varo, xogou 'Ao contraataque' despois da vitoria do seu equipo por 1-2 ante o Atlético Pulpileño, na primeira eliminatoria da Copa do Rei de fútbol.
Varo recoñeceu que malia se enfrontaren a un rival de inferior categoría, sufriron moito para poder superar a eliminatoria en campo contrario. Amosouse satisfeito pola imaxe ofrecida polo equipo, nun partido en que souberon competir moi ben e traballaron con humildade para seguiren vivos na Copa.
Para o porteiro toca pasar páxina e centrarse no partido de liga, que os enfrontará o sábado ao Real Zaragoza na procura da segunda vitoria consecutiva.